Charla sobre Roberto Vidal Bolaño

charla-vidal-bolanho

O pasado luns 15 de Abril, visitounos Xosé Manuel Fernández Castro, profesor de Lingua Galega especializado na vida e obra dun dos maiores dramaturgos do teatro galego, Roberto Vidal Bolaño, e que elaborou unha tese doutoral sobre o mesmo coa axuda dos datos que lle proporcionou durante o periodo de tempo en que compartiron amistade. Ao longo da charla, falounos da vida do autor e das súas obras, destacando a importancia que tivo no compromiso e na consolidación do noso teatro ao enfrontarse en varias ocasións a posturas políticas contrarias e ao crer no futuro de Galicia, a súa nación, cando ninguén o facía.

Marta Salas, 2º bacharelato B.

29 Abril 2013 at 11:19 Deixar un comentario

Mes cultural 2013

Como cada curso, o centro organiza un período de un ao redor dun mes, aproximadamente entre o día do libro e o día das letras galegas, no que se celebran diversas actividades culturais destinadas ao alumnado de todos os niveis.

Cartel Mes cultural 2013

Fotografía: Nevit Dilmen – Wikimedia Commons.


Tríptico coa programación de actividades

Preme nas imaxes para velas en tamaño grande

Triptico_Mes-Cultural-2013_1

Triptico_Mes-Cultural-2013_2

12 Abril 2013 at 09:24 Deixar un comentario

XIX Certame literario “Alberto Romasanta”

Como todos os anos ao chegar Abril sacamos as bases deste certame literario que vimos organizando conxuntamente os dous institutos de Noia dende hai xa 19 edicións.

Preme na imaxe para descargar as bases en PDF.

Bases do Certame 2013

2 Abril 2013 at 18:31 Deixar un comentario

Bocadillo de amor

BOCADILLO DE AMOR
Relato presentado ao Concurso de Contos de Amor 2013

Adrián non sabía o que facer, tanto lle gustaba Marta que non facía outra cousa que pasmarse e imaxinarse longos paseos con ela, recrearse no seu sorriso, en fin estaba perdidamente namorado.

O problema era outro.

Sentía ela o mesmo por el?

Con preguntarllo todo arranxado, pero …, e se ela lle dicía que non?

Polo menos así, coa incerteza, seguiría tendo ao menos a ilusión, pero por outro lado non se pode vivir de ilusións e decidiu, que dunha forma ou outra tiña que poñer en claro os seus sentimentos. Barallou varias posibilidades, como a de esperala ao saír do colexio e dicirllo de golpe, cousa que descartou pois era moi tímido. Pensou de achegarse a unha amiga común dos dous e que ela lle fixera digamos de “axudante”, pero tamén o descartou pois tiña medo de que Marta pensara que non era unha persoa moi madura. Ao final tivo unha idea intermedia, escribiríalle unha carta e faría que unha amiga lla entregara.

Chegou á casa e antes de facer nada, comezou a escribir a carta, meditouno moito, tanto na forma como no fondo, e decidiu que tiña que poñer un pouco de humor nela, que tampouco podía mostrar a desesperación que tiña nese momento. Co cal relaxadamente comezou a escribir:

“Querida Marta:

Hoxe quixera dicirche que me gustaría trocar o de amiga por outra cousa. Ólloche e pásanme pola cabeza moitas máis cousas do que lle puidera dicir a unha amiga. Gustaríame collerche da man e dar uns paseos. Incluso se me deixaras ata che daría un bico, ou dous, ou … ímolo deixar aí, incluso che daría unha morea deles. Se houbese cine en Noia ata te invitaría (como facían antes os noivos) e logo mercariamos unhas chucharías e comeriámolas sentados nalgún recuncho. O que non sei e se ti verdadeiramente sentes o mesmo, pois neste caso non só valen os meus sentimentos, só quero compartilos contigo.

Como son moi tímido e teño medo a preguntarcho á cara, gustaríame que se ti tamén compartiras os meus sentimentos apareceras no recreo comendo un bocadillo de chourizo e así daríame conta de que ti tamén me queres.

Desexando verte pronto.

Un bico. Adrián. “

Volveu a lela e arrincoulle un sorriso. Pensou que seu pai sempre dicía que arrincándolle un sorriso a outra persoa xa se tiña un paso gañado. Agora só tiña que darllo a Xena (que era unha amiga común os dous) para que llo dera hoxe á tarde (para que lle dera tempo a facer o bocadillo de mañá).

As clases do día seguinte non daban pasado, parecía que faltara un mes para a hora do recreo, pero ao final este chegou.

Tremendo de nervios púxose a pasear polo patio, pero de pronto un golpe de desilusión agarrotoulle o estómago. Marta ia comendo unha palmeira de chocolate. Non o podía crer, toda as súas ilusións viñéronse abaixo de súpeto. Desesperado xirouse e ía cara a clase cando oíu que o chamaban, parecíalle a voz de Marta, aínda por riba íase burlar del, mirou pouco a pouco cara atrás, e viu a cara dela toda sorrinte, entón os seus beizos movéronse e díxolle. “Non te vaias, non perdamos tempo pois tesme que coñecer máis”. “Odio o chourizo”.

En fin, o principio dun grande noivado.


Roi Rodríguez Araújo, 2º de ESO

10 Marzo 2013 at 01:01 Deixar un comentario

O cabalo que enfermou

O CABALO QUE ENFERMOU
Accesit do Concurso de Contos de Amor 2013

O coche ía moi lento, polo menos para min. Eu estaba moi, moi impaciente de que xa chegaramos ao “Club hípico dos equinos”. Polas miñas boas notas, meus pais íanme meter nese club, durante todo o verán, como eu desexara dende que nacera, por así dicilo.

Sabía como era ese club: adestraban aos xinetes e amazonas para que puideran, se tiñan éxito, participar (e, oxalá, gañar ) a concursos de hípica. Eu montaba había dous anos (este era o terceiro ), pero acumulei un gran cariño e amor polos cabalos. “Eu vivo por e para os cabalos”, sempre dicía.

Ben, que ao fin chegamos. Meus pais leváronme ao despacho da directora do Club. Asignáronme un cuarto. Xa alí , despedinme dos meus pais e a directora explicoume as principais normas, que eran:

1. Non montar a outro cabalo que non se me asignara.
2. Non maltratar a ningún cabalo.
3. Coidar sempre, día a día, do teu cabalo.

Eu aceptei moi contenta e preguntei que cabalo me ía tocar. A directora levoume ao cortello, onde me ensinou a “Lóstrego”, o meu cabalo nese verán. “Lóstrego” era un cabalo árabe moi fraco e máis pequeno cós demais. Era dunha cor que parecía vermello escuro; unha mestura de marrón claro, con negro e branco … Non sabería como explicalo. Eu só podo dicir que era o cabalo máis bonito que vira na miña vida. Non chorei por casualidade. Deille mil grazas á directora por asignarme a “Lóstrego”. Ela díxome que primeiro ía aprender todo o que non soubese dos cabalos, e que logo comezaría a adestrar.

E así foi. Na segunda e terceira semana, xa estaba galopando polo campo xunto a “Lóstrego”. Eu de verdade quería a ese cabalo. Adestreime con el e ata lle gañei a unha amiga – que estaba dous cursos por riba – a unha carreira de cabalos.

Na cuarta semana, a directora informoume de que ía haber unha pequena cabalgata en honra aos 100 anos dese Club. Díxome que eu ía dirixir a cabalgata, que era dentro dunha semana xusta.

Pero ocorreu o indesexable. Uns días antes, nun adestramento, “Lóstrego” rompeu unha pata … e era grave. A directora chamou á veterinaria, que veu o máis rápido que puido. Asegurounos que para o día da cabalgata non ía recuperarse, que tardaría máis dun mes.

Entón si que empecei a chorar a cántaros. “Lóstrego” debeu de darse conta, pois fixo un gran esforzo para levantarse e consolarme. Eu comprendín e rematei de chorar inmediatamente. Senteime e abracei a “Lóstrego” con todas as miñas forzas, que nese momento estaban anuladas. A directora consoloume e mandou que trasladaran a “Lóstrego” á “SALA DOS ENFERMOS”, que era unha sala onde se coidaba aos cabalos enfermos.

Soamente quedaban dúas horas para a cabalgata (adianto un pouco a historia, pois neses días non acontecera nada). Eu vestinme por se acaso pasaba algunha milagre, e así foi; media hora, máis ben, medio minuto antes de que a cabalgata comezase “Lóstrego” galopou rapidamente cara min. Eu deille unha aperta moi grande e subín nel. Dirixíame á cabalgata, pois estábanme a esperar. Pero deime conta de que “Lóstrego” aínda coxeaba e que estaba facendo un grandísimo esforzo por min. Esa mostra de gran afecto, eu devolvinlla cunha mostra de amor, cariño e sobre todo, respecto. Parei o cabalo e díxenlle á directora que “Lóstrego” seguía enfermo, que se foran sen min. Fóronse e quedei eu soa con “Lóstrego”. Murmureille o moito que lle quería e el deu un doce, doce relincho.

E esta é a miña historia, a historia dun cabalo que enfermou.


Adriana Iglesias Martínez, 1º de ESO

7 Marzo 2013 at 13:53 Deixar un comentario

Rap premiado

Así sona RHYME:

Preséntome, chámome RHYME
Xa non dependo do meu pai,
O rap non o fago por diversión
Déixoche sen ningunha opción
O meu rap non é como o de Porta
Nin tan rápido como o de Santa
Pero xa sei que non me fas falta

Gústame Nach,pero non tanto como Porta
Voume disfrazar dun MC en carnaval
Para non pasalo tan mal
O fago porque esa roupa si que mola
De cambiar a doutro ano? bah!xa era hora

Isto é hip-hop
Ti baila cun hula-hop
Isto, é RHYME
Ti, aínda dependes do teu pai?

Isto non é só para alucinar
Pero si o hai que traballar
E ti non es o único que pode alucinar
Cos meus temas xa vaste fartar

Isto é hip-hop
Ti baila cun hula-hop
Isto,é RHYME
Ti, aínda dependes do teu pai?

Só sei que che podo no rap
E facendo unha pelexa de galos vaste fartar
Comigo,si,vaste marear!
Sendo como es ti vaste matar

Iago Agrafojo Vez

4 Marzo 2013 at 23:15 Deixar un comentario

Aniversario de Cantares Gallegos

O sábado 23 de Febreiro a Asociaciónn de Escritores en Lingua Galega e Barbantia organizaron unha homenaxe a Rosalia de Castro pola 150 edición de Cantares Gallegos as 19:00 horas na Casa da Cultura de Noia.

A primeira parte do acto consistiu no recitado de varios poemas desta obra por parte de alumnado do IES Virxe do Mar e do IES Campo de San Alberto. A continuación leuse un manifesto para logo tomar a palabra o profesor Alonso Montero, convidado especial no acto.

Cantares Gallegos

Esta é a reseña de Andrea, unha das lectoras:

«O pasado dia 23 de febreiro na Casa da Cultura de Noia celebrouse o 150 aniversario da primeira edición de “Cantares Gallegos”. Alumnos do IES Campo de San Alberto e do IES Virxe do Mar recitaron algúns poemas deste famoso libro.

«Eu fun unha delas. Á cerimonia asistiu moita xente, entre elas un catedrático, que falou sobre a temática das poesías de Rosalia de Castro.»

Cantares-gallegos_1

Cantares-gallegos_2

cantares-gallegos_3

cantares-gallegos_4

cantares-gallegos_5

1 Marzo 2013 at 23:36 Deixar un comentario

Entrega de premios dos Contos de Amor

O día 7 de Febreiro e coincidindo coa celebración do antroido entregáronse os premios do concurso de contos de amor convocado para 1º ciclo de ESO. Roi e Fátima de 2º de ESO levaron o 1º e 2º premio respectivamente, mentres que Alberto e Adriana de 1º levaron o 3º premio e un accésit. Os premiados leron os seus textos e a continuación entregáronse os premios do concurso de letras de rap que se convocou a nivel de centro e contou cunha estimable participacion.

Iremos publicando algúns dos textos premiados no blogue.

Noraboa e a seguir escribindo!

22 Febreiro 2013 at 19:55 Deixar un comentario

Lectura de Celso E. Ferreiro

21 Febreiro 2013 at 00:16 Deixar un comentario

Voadora: TOKIO3

Gustaríavos ver unha comedia divertida, entretida, enxeñosa e orixinal?, con música creada pola propia compañía e co paraíso como tema principal?

TOKIO3

Pois o alumnado de 4º de ESO tivemos o privilexio de ser espectadores dunha representación de “ Tokio 3”, da Compañía Voadora, despois da cal puidemos conversar cos actores, que nos explicaron como era o seu traballo.

Alumnado de 4º da ESO

31 Xaneiro 2013 at 14:19 1 comentario

Artigos máis antigos Artigos máis recentes


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías