Posts filed under ‘Revista Entrepontes’

Presentación de revista Entrepontes

O día 26 de Outubro tivo lugar no noso centro o acto de presentación da revista Entrepontes que non se puido realizar en Xuño por falta de tempo. Foi especialmente emocionante pola presenza de Antía Cal, que encheu o ambiente de optimismo e nos deu unha lección sobre como hai que seguir loitando por aquilo no que un cre aínda que as circunstancias non sempre sexan favorables.

Antía contounos numerosas anécdotas de cando iniciou a súa andaina na escola que fundou en Vigo e onde en pleno franquismo xa non facía distinción por sexos e utilizaba o castelán, galego e inglés.

O acto estivo amenizado pola música do Conservatorio de Noia da man de Dálibor e Lucía que tocaron co alumnado do centro que asiste ás súas clases.

Na mesa atopábanse ademais o alcalde de Noia, Rafael García, o Inspector Rodrigo Porral así como a nosa vicedirectora Victoria Couto e o noso director Pedro Román. Entre outros asistiron como convidados Alfonso Costa, Veiga Manteiga, o director do Virxe do Mar, Xavier Castro e a Concelleira de Cultura, Mari Domínguez.

Para o consello de redacción da revista foi moi importante este número pois con el gañaron o 1º premio de “El País de los Estudiantes” a nivel estatal, e así nolo contaron con detalle no relato que fixeron do día que recibiron o premio.

Noraboa a todos/as unha vez máis.

24 Novembro 2012 at 20:54 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías