Posts filed under ‘Proxecto Grundtvig’

Once upon a time … in Europe (proxecto Grundtvig)

“Once upon a time in…Europe” é un proxecto Grundtvig que se enmarca dentro do Programa de Aprendizaxe ó longo da vida da Comunidade Europea. Está dirixido a persoas matriculadas no nivel de Ensinanzas básicas inicias (EBI-2) de educación de adultos e ten como obxectivo fundamental fomentar o hábito lector das persoas adultas a nivel europeo. Neste proxecto participan nove países: España, Portugal, Italia, Grecia, Dinamarca, Croacia, Turquía e Islandia. O noso centro é o coordenador.

Cada un destes países escolleu un libro significativo da súa literatura que cumprise dous requisitos: que non fosen moi difíciles de ler e que estivesen traducidos a todas as linguas dos países participantes (Nós escollemos “La casa de Bernarda Alba”) de tal maneira, que, o alumnado de todos os países terán que ler nove libros.

En cada fase do proxecto, un país é o encargado de facilitar as orientacións necesarias para unha mellor comprensión; para iso temos unha plataforma Moodle onde se colgan as informacións e onde se debate sobre cada libro on line; ademais, nos mítins está previsto facer debates cara a cara co alumnado que viaxe (O de Portugal foi incrible!, tiñas que ver á alumna portuguesa  e a unha nosa opinar sobre os libros).

Todas as actividades están encamiñadas a conquerir uns produtos finais: facer exposicións itinerantes sobre Literatura europea e fotografía, facer marcapáxinas,, un calendario literario, un libro con finais diferentes (The dark side of the…book), Unha guía de literatura europea e moito máis…incluso empezaron os ensaios para representar Bernarda Alba.

Tamén se inclúen roteiros literarios en cada país visitado; estes días , como ben sabes, léronse poemas e textos de Rosalía de Castro, Ramón Sampedro, Valle Inclán, Lorca…Castelao, Manuel Antonio e Dieste durante o percorrido pola vila de Rianxo…en Noia fixemos un roteiro baseado na vidas e obras de Avilés de Taramancos e María Mariño, para o que contamos coa colaboración do EDLG.En Portugal léronse textos de Camões, Saramago,Pessoa…e de camiño paramos diante da illa de San Simón para ler algunhas das nosas cantigas medievais.

É un proxecto moi interesante que nos ten a todos e todas moi ilusionados, a pena é que só dure dous cursos!!

O grupo na Illa de San Simón

O grupo en Constância

O grupo en Compostela

Suso Montero
Coordenador do Proxecto Grundtvig

7 Novembro 2012 at 16:44 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías