Posts filed under ‘Mes cultural’

Obradoiro de arqueoloxía

Obradoiro destinado ao alumnado de 4º ESO, dirixido por unha arqueóloga da empresa Anta de Moura. O eixo central eran as vías romanas e para abordalo comezouse por unha explicación con axuda de proxeccións continuando co obradoiro en si, que constou de tres partes:

  • Elaboración dun fragmento de vía romana con diferentes capas de materiais dentro dun recipiente.
  • Elaboración dun miliario en barro coa correspondente inscripción.
  • Comparación dos nomes antigos e actuais das localidades polas que pasaban as principais vías romanas galegas así como a distancia en millas e kilómetros.

obradoiro-arqueoloxia_1

obradoiro-arqueoloxia_2

23 Maio 2013 at 20:18 Deixar un comentario

Videopoemas EBI-Grundtvig

O alumnado de EBI que participa no proxecto Grundtvig 2012-13 titulado “Érase unha vez… en Europa”, baseado no estudo da Literatura, relatou aos grupos de 1º de Bacharelato e 4º da ESO, a súa experiencia como estudantes adultos que non tiveron a oportunidade de facelo no seu momento. Así mesmo expresaron como afrontan a lectura de textos literarios para traballar neste proxecto.

Para amosar o traballo que fan para asimilar as obras presentaron o vídeo do roteiro literario que fixeron en Outubro e outro sobre “ Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro con fotos orixinais do alumnado.

Remataron ofrecendo unha primicia da obra teatral que están preparando para o curso que vén.

Videopoemas_EBI-Grundtvig

22 Maio 2013 at 20:20 Deixar un comentario

Exposición de libros

exposicion-de-libros

Ola, son Alex, hoxe fomos ao hall da entrada a ver libros. Se os queriamos para telos na Biblioteca, tiñamos que anotar nun papel os títulos. Eu elexín varios de Stephen Hawking. Parece un científico moi listo.

Alejandro Rey, 1º ESO.

16 Maio 2013 at 20:05 Deixar un comentario

O Conservatorio de música de Noia no instituto

Conservatorio

Onte viñeron do Conservatorio uns profesores e algúns alumnos e tocamos algunhas pezas como a famosa danza húngara. Eu toquei ao piano unha canción chamada O vals da bolboreta.

Martín Arufe, 1º de ESO.

15 Maio 2013 at 20:07 Deixar un comentario

Charla de Abraham Carreiro

abraham-carreiro_01

Na charla de Abraham, o creador de Xoeliki, estivemos vendo como eran as personaxes do conto en realidade. Despois vimos un vídeo de como el facía para facer un libro. E vimos que había que pasar moito traballo para facer un libro como o de Xoeliki. Ao rematar o vídeo fixémoslle moitas preguntas e el respondeunas. Despois démoslle un forte aplauso.

Miriam Cambeiro Caamaño, 1º de ESO.

6 Maio 2013 at 11:16 Deixar un comentario

Taller de papiroflexia

papiroflexia_1

papiroflexia_2

O pasado venres 19 de Abril viñeron ao noso instituto dúas profesoras de Matemáticas, Teresa e Covadonga, a ensinarnos a facer papiroflexia. Fixemos un marcapáxinas, dúas figuras xeométricas e un lapiceiro que á vez é calendario. Foi moi entretido e grazas á papiroflexia aprendemos moitas formas xeométricas.

Blanca Lorenzo, 3º ESO

30 Abril 2013 at 13:03 Deixar un comentario

Charla sobre Roberto Vidal Bolaño

charla-vidal-bolanho

O pasado luns 15 de Abril, visitounos Xosé Manuel Fernández Castro, profesor de Lingua Galega especializado na vida e obra dun dos maiores dramaturgos do teatro galego, Roberto Vidal Bolaño, e que elaborou unha tese doutoral sobre o mesmo coa axuda dos datos que lle proporcionou durante o periodo de tempo en que compartiron amistade. Ao longo da charla, falounos da vida do autor e das súas obras, destacando a importancia que tivo no compromiso e na consolidación do noso teatro ao enfrontarse en varias ocasións a posturas políticas contrarias e ao crer no futuro de Galicia, a súa nación, cando ninguén o facía.

Marta Salas, 2º bacharelato B.

29 Abril 2013 at 11:19 Deixar un comentario

Mes cultural 2013

Como cada curso, o centro organiza un período de un ao redor dun mes, aproximadamente entre o día do libro e o día das letras galegas, no que se celebran diversas actividades culturais destinadas ao alumnado de todos os niveis.

Cartel Mes cultural 2013

Fotografía: Nevit Dilmen – Wikimedia Commons.


Tríptico coa programación de actividades

Preme nas imaxes para velas en tamaño grande

Triptico_Mes-Cultural-2013_1

Triptico_Mes-Cultural-2013_2

12 Abril 2013 at 09:24 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías