Posts filed under ‘Convocatorias’

Gañadora dun Premio Minerva

Premios-Minerva-2013_Iria

A nosa alumna de 2º de Bach. Iria Iglesias Martínez acadou un flamante 3º premio na modalidade de narrativa nestes prestixioso certame que organiza o Colexio Manuel Peleteiro dende hai xa 41 edicións.

Este ano o mantedor do acto foi o dramaturgo Manuel Lourenzo que aproveitou para comentar algúns momentos da súa estreita camaradería con Roberto Vidal Bolaño, autor a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

O autor fixo ademais unha breve e fermosa disertación acerca das orixes gregas do teatro e do significado que debe ter na actualidade. Asegurou que é necesario para que unha colectividade se exprese sen censura e que nos tempos que corren é máis preciso que nunca pois con tanto aparello electrónico – matizou – xa nin hai diálogo.

Para el o teatro é unha metáfora completa, espazo e tempo recreados, amigo da paz e inimigo da violencia e da barbarie, partidario da imaxinación e da aventura.

Desexando aos premiados que conserven a liberdade e a paixón pola escritura deu paso á lectura dos fragmentos das obras premiadas na voz dos seus xoves autores e autoras.

7 Maio 2013 at 07:07 Deixar un comentario

Recitando a Celso Emilio

recitando-ce_1

O Mércores día 12 do 12 do 2012 fomos ao hall da entrada do noso instituto (IES Campo de San alberto) a recitar o poema de Celso Emilio. Pareceume moi bonito o poema, algúns dicían que se ía acabar o mundo hoxe, pero eu non creo nesas atoladas historias. Despois vimos videos doutros institutos como o Ies Porto do Son, etc. É a primeira vez que fago isto e gustoume, supoño que o ano que vén o faremos outra vez.

Alejandro Rey Arufe, 1º ESO

20 Decembro 2012 at 19:22 Deixar un comentario

Acto para a celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

O acto consiste no recitado do poema “Deitado frente ao mar” o día 12 de Decembro ás 12h, simultaneamente en todos os centros de ensino non universitario e outras entidades culturais.

deitado-frente-ao-mar_455

10 Decembro 2012 at 07:58 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías