Posts filed under ‘Conmemoracións’

Vidal Bolaño no noso centro

Roberto Vidal Bolaño estivo no noso centro en Outubro do 2002 con motivo da entrega do Premio Leixaprén a Isaac Díaz Pardo.

Estas son algunhas das imaxes que recordan aqueles instantes tan especiais para nós pola presenza simultánea de dúas figuras tan significativas da nosa cultura que desgrazadamente xa non están con nós.

13 Maio 2013 at 11:14 Deixar un comentario

Aniversario de Cantares Gallegos

O sábado 23 de Febreiro a Asociaciónn de Escritores en Lingua Galega e Barbantia organizaron unha homenaxe a Rosalia de Castro pola 150 edición de Cantares Gallegos as 19:00 horas na Casa da Cultura de Noia.

A primeira parte do acto consistiu no recitado de varios poemas desta obra por parte de alumnado do IES Virxe do Mar e do IES Campo de San Alberto. A continuación leuse un manifesto para logo tomar a palabra o profesor Alonso Montero, convidado especial no acto.

Cantares Gallegos

Esta é a reseña de Andrea, unha das lectoras:

«O pasado dia 23 de febreiro na Casa da Cultura de Noia celebrouse o 150 aniversario da primeira edición de “Cantares Gallegos”. Alumnos do IES Campo de San Alberto e do IES Virxe do Mar recitaron algúns poemas deste famoso libro.

«Eu fun unha delas. Á cerimonia asistiu moita xente, entre elas un catedrático, que falou sobre a temática das poesías de Rosalia de Castro.»

Cantares-gallegos_1

Cantares-gallegos_2

cantares-gallegos_3

cantares-gallegos_4

cantares-gallegos_5

1 Marzo 2013 at 23:36 Deixar un comentario

Exposición «10 anos da Marea Negra»

Exposición conmemorativa do décimo aniversario do desastre que tivo lugar nas nosas costas e do que aí­nda hoxe se está realizando o xuí­zo.

O profesor de matemáticas Julio Caamaño, quen era director do centro naquel momento, rescata e expón material relacionado coa estancia dunha unidade do exército no pavillón polideportivo do centro, cartas, fotografías da cadea humana da que formou parte o noso alumnado, exemplares da revista Entrepontes daquel curso,cunha ampla reportaxe sobre o tema, etc.

24 Novembro 2012 at 21:09 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías