Posts filed under ‘Ciencia’

Día da Ciencia en Galego – Proxecto Ríos

O dí­a 30 de Outubro tivo lugar a primeira saí­da de inspección ao río Traba, dentro do Proxecto Ríos. En principio estaba programada para o día 16 de Outubro, dí­a da Ciencia en Galego ; pero no puido ser por razóns meteorolóxicas.

Participaron os alumnos de 4º e de 3º PDC de ESO. Estivo con nos un representante de ADEGA, Paco Banhobre, que dirixíu a saí­da. Entre as actividades realizadas figura a recollida e caracterización de macroinvertebrados, indicadores da calidade da auga; análise de pH, osíxeno disolto e nitratos da auga. Listado de flora de ribeira e recollida de lixo.

Dolores Rodríguez, profesora do departamento de Física e Química.

12 Novembro 2012 at 13:20 Deixar un comentario

Día da Ciencia en Galego – Historia da bicicleta

O 5 de Novembro celebramos o Día da Ciencia coa exposición dun traballo realizado pola nosa compañeira Ánxeles Fariña, do Departamento de Fí­sica e Quí­mica sobre a Historia da Bicicleta.

Descargar o traballo Historia da Bicicleta en PDF

7 Novembro 2012 at 15:06 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías