Bocadillo de amor

10 Marzo 2013 at 01:01 Deixar un comentario

BOCADILLO DE AMOR
Relato presentado ao Concurso de Contos de Amor 2013

Adrián non sabía o que facer, tanto lle gustaba Marta que non facía outra cousa que pasmarse e imaxinarse longos paseos con ela, recrearse no seu sorriso, en fin estaba perdidamente namorado.

O problema era outro.

Sentía ela o mesmo por el?

Con preguntarllo todo arranxado, pero …, e se ela lle dicía que non?

Polo menos así, coa incerteza, seguiría tendo ao menos a ilusión, pero por outro lado non se pode vivir de ilusións e decidiu, que dunha forma ou outra tiña que poñer en claro os seus sentimentos. Barallou varias posibilidades, como a de esperala ao saír do colexio e dicirllo de golpe, cousa que descartou pois era moi tímido. Pensou de achegarse a unha amiga común dos dous e que ela lle fixera digamos de “axudante”, pero tamén o descartou pois tiña medo de que Marta pensara que non era unha persoa moi madura. Ao final tivo unha idea intermedia, escribiríalle unha carta e faría que unha amiga lla entregara.

Chegou á casa e antes de facer nada, comezou a escribir a carta, meditouno moito, tanto na forma como no fondo, e decidiu que tiña que poñer un pouco de humor nela, que tampouco podía mostrar a desesperación que tiña nese momento. Co cal relaxadamente comezou a escribir:

“Querida Marta:

Hoxe quixera dicirche que me gustaría trocar o de amiga por outra cousa. Ólloche e pásanme pola cabeza moitas máis cousas do que lle puidera dicir a unha amiga. Gustaríame collerche da man e dar uns paseos. Incluso se me deixaras ata che daría un bico, ou dous, ou … ímolo deixar aí, incluso che daría unha morea deles. Se houbese cine en Noia ata te invitaría (como facían antes os noivos) e logo mercariamos unhas chucharías e comeriámolas sentados nalgún recuncho. O que non sei e se ti verdadeiramente sentes o mesmo, pois neste caso non só valen os meus sentimentos, só quero compartilos contigo.

Como son moi tímido e teño medo a preguntarcho á cara, gustaríame que se ti tamén compartiras os meus sentimentos apareceras no recreo comendo un bocadillo de chourizo e así daríame conta de que ti tamén me queres.

Desexando verte pronto.

Un bico. Adrián. “

Volveu a lela e arrincoulle un sorriso. Pensou que seu pai sempre dicía que arrincándolle un sorriso a outra persoa xa se tiña un paso gañado. Agora só tiña que darllo a Xena (que era unha amiga común os dous) para que llo dera hoxe á tarde (para que lle dera tempo a facer o bocadillo de mañá).

As clases do día seguinte non daban pasado, parecía que faltara un mes para a hora do recreo, pero ao final este chegou.

Tremendo de nervios púxose a pasear polo patio, pero de pronto un golpe de desilusión agarrotoulle o estómago. Marta ia comendo unha palmeira de chocolate. Non o podía crer, toda as súas ilusións viñéronse abaixo de súpeto. Desesperado xirouse e ía cara a clase cando oíu que o chamaban, parecíalle a voz de Marta, aínda por riba íase burlar del, mirou pouco a pouco cara atrás, e viu a cara dela toda sorrinte, entón os seus beizos movéronse e díxolle. “Non te vaias, non perdamos tempo pois tesme que coñecer máis”. “Odio o chourizo”.

En fin, o principio dun grande noivado.


Roi Rodríguez Araújo, 2º de ESO

Entry filed under: Contos de amor.

O cabalo que enfermou XIX Certame literario “Alberto Romasanta”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías


A %d blogueros les gusta esto: