O cabalo que enfermou

7 Marzo 2013 at 13:53 Deixar un comentario

O CABALO QUE ENFERMOU
Accesit do Concurso de Contos de Amor 2013

O coche ía moi lento, polo menos para min. Eu estaba moi, moi impaciente de que xa chegaramos ao “Club hípico dos equinos”. Polas miñas boas notas, meus pais íanme meter nese club, durante todo o verán, como eu desexara dende que nacera, por así dicilo.

Sabía como era ese club: adestraban aos xinetes e amazonas para que puideran, se tiñan éxito, participar (e, oxalá, gañar ) a concursos de hípica. Eu montaba había dous anos (este era o terceiro ), pero acumulei un gran cariño e amor polos cabalos. “Eu vivo por e para os cabalos”, sempre dicía.

Ben, que ao fin chegamos. Meus pais leváronme ao despacho da directora do Club. Asignáronme un cuarto. Xa alí , despedinme dos meus pais e a directora explicoume as principais normas, que eran:

1. Non montar a outro cabalo que non se me asignara.
2. Non maltratar a ningún cabalo.
3. Coidar sempre, día a día, do teu cabalo.

Eu aceptei moi contenta e preguntei que cabalo me ía tocar. A directora levoume ao cortello, onde me ensinou a “Lóstrego”, o meu cabalo nese verán. “Lóstrego” era un cabalo árabe moi fraco e máis pequeno cós demais. Era dunha cor que parecía vermello escuro; unha mestura de marrón claro, con negro e branco … Non sabería como explicalo. Eu só podo dicir que era o cabalo máis bonito que vira na miña vida. Non chorei por casualidade. Deille mil grazas á directora por asignarme a “Lóstrego”. Ela díxome que primeiro ía aprender todo o que non soubese dos cabalos, e que logo comezaría a adestrar.

E así foi. Na segunda e terceira semana, xa estaba galopando polo campo xunto a “Lóstrego”. Eu de verdade quería a ese cabalo. Adestreime con el e ata lle gañei a unha amiga – que estaba dous cursos por riba – a unha carreira de cabalos.

Na cuarta semana, a directora informoume de que ía haber unha pequena cabalgata en honra aos 100 anos dese Club. Díxome que eu ía dirixir a cabalgata, que era dentro dunha semana xusta.

Pero ocorreu o indesexable. Uns días antes, nun adestramento, “Lóstrego” rompeu unha pata … e era grave. A directora chamou á veterinaria, que veu o máis rápido que puido. Asegurounos que para o día da cabalgata non ía recuperarse, que tardaría máis dun mes.

Entón si que empecei a chorar a cántaros. “Lóstrego” debeu de darse conta, pois fixo un gran esforzo para levantarse e consolarme. Eu comprendín e rematei de chorar inmediatamente. Senteime e abracei a “Lóstrego” con todas as miñas forzas, que nese momento estaban anuladas. A directora consoloume e mandou que trasladaran a “Lóstrego” á “SALA DOS ENFERMOS”, que era unha sala onde se coidaba aos cabalos enfermos.

Soamente quedaban dúas horas para a cabalgata (adianto un pouco a historia, pois neses días non acontecera nada). Eu vestinme por se acaso pasaba algunha milagre, e así foi; media hora, máis ben, medio minuto antes de que a cabalgata comezase “Lóstrego” galopou rapidamente cara min. Eu deille unha aperta moi grande e subín nel. Dirixíame á cabalgata, pois estábanme a esperar. Pero deime conta de que “Lóstrego” aínda coxeaba e que estaba facendo un grandísimo esforzo por min. Esa mostra de gran afecto, eu devolvinlla cunha mostra de amor, cariño e sobre todo, respecto. Parei o cabalo e díxenlle á directora que “Lóstrego” seguía enfermo, que se foran sen min. Fóronse e quedei eu soa con “Lóstrego”. Murmureille o moito que lle quería e el deu un doce, doce relincho.

E esta é a miña historia, a historia dun cabalo que enfermou.


Adriana Iglesias Martínez, 1º de ESO

Entry filed under: Contos de amor.

Rap premiado Bocadillo de amor

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías


A %d blogueros les gusta esto: