Archive for Xaneiro, 2013

Voadora: TOKIO3

Gustaríavos ver unha comedia divertida, entretida, enxeñosa e orixinal?, con música creada pola propia compañía e co paraíso como tema principal?

TOKIO3

Pois o alumnado de 4º de ESO tivemos o privilexio de ser espectadores dunha representación de “ Tokio 3”, da Compañía Voadora, despois da cal puidemos conversar cos actores, que nos explicaron como era o seu traballo.

Alumnado de 4º da ESO

31 Xaneiro 2013 at 14:19 1 comentario

Concurso de letras de rap

rap_2013

BASES

  • As letras deberán ser completamente orixinais.
  • Deberán presentarse na Conserxería do centro antes do 28 de Xaneiro.
  • Presentaranse nun sobre pechado cun pseudónimo por fóra e un sobre pequeno dentro co nome completo e o curso.
  • Os/as participantes deberán ter unha copia en formato dixital para publicarse no blogue de normalización.

13 Xaneiro 2013 at 23:51 Deixar un comentario

Concurso de contos de amor

Para primeiro ciclo de ESO
green-hearts

BASES

  • Os contos deben ser orixinais.
  • A súa extensión é libre.
  • O contido das historias ha de xirar arredor do AMOR en sentido xeral.
  • Os relatos deben entregarse na conserxería antes do 28 de Xaneiro dentro dun sobre grande con pseudónimo e cunha plica dentro cos datos do autor/a.
  • Os autores/as dos relatos teñen que ter unha copia dos mesmos en soporte dixital.

Os premios serán entregados arredor do 14 de Febreiro.

13 Xaneiro 2013 at 23:36 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías