Archive for Novembro, 2012

Exposición «10 anos da Marea Negra»

Exposición conmemorativa do décimo aniversario do desastre que tivo lugar nas nosas costas e do que aí­nda hoxe se está realizando o xuí­zo.

O profesor de matemáticas Julio Caamaño, quen era director do centro naquel momento, rescata e expón material relacionado coa estancia dunha unidade do exército no pavillón polideportivo do centro, cartas, fotografías da cadea humana da que formou parte o noso alumnado, exemplares da revista Entrepontes daquel curso,cunha ampla reportaxe sobre o tema, etc.

24 Novembro 2012 at 21:09 Deixar un comentario

Presentación de revista Entrepontes

O día 26 de Outubro tivo lugar no noso centro o acto de presentación da revista Entrepontes que non se puido realizar en Xuño por falta de tempo. Foi especialmente emocionante pola presenza de Antía Cal, que encheu o ambiente de optimismo e nos deu unha lección sobre como hai que seguir loitando por aquilo no que un cre aínda que as circunstancias non sempre sexan favorables.

Antía contounos numerosas anécdotas de cando iniciou a súa andaina na escola que fundou en Vigo e onde en pleno franquismo xa non facía distinción por sexos e utilizaba o castelán, galego e inglés.

O acto estivo amenizado pola música do Conservatorio de Noia da man de Dálibor e Lucía que tocaron co alumnado do centro que asiste ás súas clases.

Na mesa atopábanse ademais o alcalde de Noia, Rafael García, o Inspector Rodrigo Porral así como a nosa vicedirectora Victoria Couto e o noso director Pedro Román. Entre outros asistiron como convidados Alfonso Costa, Veiga Manteiga, o director do Virxe do Mar, Xavier Castro e a Concelleira de Cultura, Mari Domínguez.

Para o consello de redacción da revista foi moi importante este número pois con el gañaron o 1º premio de “El País de los Estudiantes” a nivel estatal, e así nolo contaron con detalle no relato que fixeron do día que recibiron o premio.

Noraboa a todos/as unha vez máis.

24 Novembro 2012 at 20:54 Deixar un comentario

Magosto e xogos tradicionais

Realizouse como todos os anos esta celebración tradicional organizada por Vicedirección e coa colaboración do Departamento de Educación Física na preparación dos xogos como os peóns, petanca, aros, sogatira, etc.

24 Novembro 2012 at 20:43 Deixar un comentario

A lenda da lúa nova

Relato presentado ao Concurso de Contos de Medo


A LENDA DA LÚA NOVA

Había unha vez, unha nena que estaba vendo a televisión e botaron unha película de medo.

Ao rematar a película empezou a escoltar ruídos estraños e tentou de convencerse de que non pasaba nada, de que non había ninguén na casa, pero de súpeto escoitou un golpe forte que viña dalgún lugar da casa; máis tarde escoitou unha voz que lle dicía:

Cando cheguen as 02:37 AM, alguén che cravará un coitelo, morrerás desangrada e converteraste en pantasma ¡¡UUUUUUH!!

A rapaza, morta de medo, saíu correndo da casa e foi cara a casa contigua que era dunha amiga dela. Ao chegar, non estaba, e foi a buscar outra amiga que si estaba. Atopouna no seu cuarto e contoulle todo. Esa noite durmiu con ela polo medo.

Ao espertar, a nai da amiga atopounas desangradas no chan da habitación.

Conta a lenda, que cando hai lúa nova, non se ven as estrelas e de súpeto vaise a luz, as pantasmas das dúas nenas aparecen e matan a tódalas persoas que ese día viran unha película de medo.

Pii, piii, piiii, uf o despertador, vou para o cole.


FIN


Julia Castro
(1º ESO)

24 Novembro 2012 at 15:54 Deixar un comentario

A madriña tola

3º premio do Concurso de Contos de Medo


A MADRIÑA TOLA

Había unha vez unha parella casada que tivo tres fillos, os tres naceron á vez. Dous meses despois fóronse bautizar, por parte dos pais non tiñan familia.

Os nenos chamábanse Duncan, Sofía e Isaac, e non tiñan nin madriña nin padriño. No momento en que os pais chegaron á igrexa para bautizalos, unha muller dixo que ela podería ser a madriña, aos pais non lles importou moito só querían ter madriña ou padriño. E así foi.

Cinco anos despois, pola mañá os pais saíron a traballar. Entón Duncan e os seus irmáns quedaron na casa, eran moi listos, facían a cama, vestíanse e algunhas cousas máis. Cando chegaron ás 4:00 da tarde, os seus pais aínda non chegaran.

De aí a un pouco chega un policía á súa casa, cólleos e lévaos a comisaría. O policía dille que os seus pais tiveron un accidente de coche, e morreron, Sofía preguntoulle ao policía quen ía quedar con eles, el dille que a súa madriña porque se os seus pais morrían ou lles pasaba algo os padriños ou as madriñas quedan cos fillos.

Media hora despois chega a muller que os bautizou, chamábase Escravitude. Vivía nun val. Onde non había nada ao arredor. Os nenos xa levaban dúas semanas na súa nova casa, era unha gran mansión e tiña moitas cousas antigas.

Isaac notaba algo moi raro en Escravitude, e díxollo aos seus irmáns, contoulles que Escravitude ás 12:00 da noite tocaba o seu piano e un pouco despois íase da casa, Duncan e Sofía pronto se decataron, Duncan propúxolles que a espiaran.

E así era, Escravitude ás 12:00 foi tocar o piano á súa habitación e pouco despois foise da casa. Foi a un pequeno campo de millo detrás da casa, que eles non sabían que estaba. Había lume verde e ela dicía palabras moi estrañas. Parecía unha verdadeira meiga pronunciando un conxuro, os tres irmáns botaron a correr como fume de carozo, foron ata a comisaria, chegaron moi moi cansos e quedaron a durmir alí.

Cando chegou o policía pola mañá e encontrounos na porta preguntoulles que facían aí. Eles contestáronlle que Escravitude era unha meiga. O policía non llo cría e cando os levou, non quedaba nin casa nin nada, só o carbón do lume e botes con ollos de persoas.

Entón Duncan, Sofía e Isaac quedaron nun orfanato toda a vida e o que viron nunca se lle ía a quitar dos ollos, nunca.

Samuel Hermo (1º ESO)

24 Novembro 2012 at 12:10 Deixar un comentario

O traxe encantado

2º premio do Concurso de Contos de Medo


O TRAXE ENCANTADO

– Só quedaban tres días para o samaín, si, oíches ben xa estabamos a vinte e oito de outubro e aínda non sabía como ía ir vestida.

De bruxa? De demo? De zombie?

Non tiña nin idea, pero asegúrovos que na casa non ía quedar.

Pregunteille a miña nai se tiña algún traxe e díxome que fora preguntarlle á avoa, así que fun xunto dela á cociña.

Cando entrei estaba cociñando, non puiden evitar abrir a gran pota que se situaba diante miña. Que ben ulía! A avoa estaba facendo caldo e como non o seu famoso pastel de Samaín feito de cabaza, e máis cousas.

– Avoa, tes algún traxe para ir vestida no Samaín?

– Verás filliña, sei dun que anda ciscado polo faiado, miña avoa dicía que era especial, miña nai levouno ao baile do seu colexio, eu leveino ao meu e túa nai tamén, queres vir buscar por el?

– Claro avoa, moitas grazas.

Chegamos ao faiado, había teas de araña e ratas mortas, o ideal para celebrar unha boa festa de Samaín…
A avoa achegouse a unha caixa na que poñía “SAMAÍN -1937”.

Os seus ollos enchéronse de bágoas en canto abriu a caixa, estaban fotos dos meus bisavós, do meu avó …
– Canto tempo facía que non vía todo isto …

– Estás ben avoa?
– Claro que si, limpouse as bágoas ao xersei e comezou a revolver na caixa, fotos e máis fotos …

Ata que por fin no fondo de todo atopábase un vestido, parecía dunha voda, quitando que estaba estragado e sucio.

– Este é.

– Baixamos? – dixo a avoa.

– Claro, grazas avoa.

Deille un abrazo e baixamos cara o salón.

– Avoa, coñeces a historia deste traxe?

– Non filliña, ninguén que estea vivo a coñece … Este traxe leva centos e centos de anos aí gardado.

– Ben, non importa, pódomo probar?

– Claro, adiante, próbao.

Probeino e fun xunto dela outra vez.

– Estás preciosa, paréceste moito á túa tataravoa cando era máis moza.

– Grazas avoa, agora só falta esperar a que chegue o día do baile.

Ao rematar de comer a comida, que por certo estaba moi rica, fun lavar os dentes, deiteime na cama e sen querer quedei a durmir ata as tantas, cando espertei xa eran as oito da tarde …

Pasaron dous días e …

HOXE É O BAILE!!!

Espertei ás nove menos vinte da mañá, vestinme correndo e fun a toda présa cara a parada do autobús do colexio.

Chegamos a clase e deixamos todos os aperitivos que levaramos …

Comemos no comedor do colexio, e esperamos ata á noite para celebrar o baile …

Xa eran ás once da noite, cando comezou a música, a comida e o truco ou trato, todo marchaba ben ata que tocou a badalada da media noite … Unha sombra negra e escura saíu do meu traxe con moita forza, todos pensaban que era unha novatada pero non … A sombra crecía e crecía ,cada vez facíase máis grande, a música foi baixando de volume sen que ninguén a tocara, o día escureceuse aínda máis, tronos e lóstregos rozaban as ventás, levantouse unha enorme racha de vento … Todos entraron ao lugar onde se celebraba o baile, as portas pecháronse dun enorme golpe, e unha especie de luz víase na pista de baile … ¡¡¡¡Unha pantasma!!!! Gritaba a xente atemorizada.

– Tranquilos.

Ninguén sabía de onde viña esa voz, era unha voz misteriosa é a vez agradable, todos escoitamos con atención.

– Non vos vou facer dano – dixo. Só quero que me dean o que é meu e que levo tanto tempo buscando.

Todos tiñan cara de asustados é a vez de asombrados …

Estaban falando cunha pantasma, vaia, máis ben era ela a que falaba …

Sen saber por que comecei a elevar cara o teito, unha grande forza impedíame moverme.

A pantasma levantou a cabeza e pousoume diante dela, era igualiña a min, non o podía crer, non entendía nada.

– Ti.- dixo con voz enfadada e triste ao mesmo tempo.

– Si? Contesteille.

– De onde quitaches ese traxe?

– E,e,e é da miña avoa … Dixen con certa preocupación.

A pantasma rompeu a chorar.

Non entendo nada, pero … – Que che pasa? Dixen.

– Esa era a traxe coa que eu ía casar.

– De verdade? Pero … que sucedeu?

– O día da voda, indo para a igrexa pasou un coche moi rápido por diante miña, eu corrín cara a estrada, pero o coche alcanzoume e atropeloume, quedei sen a vista nun ollo, e cunha perna rota, a recuperación tardou meses, e ao final non me puiden casar, despois de varios anos tiven unha filla á que lle chamei Ramona, pouco tempo despois sufrín un grave accidente, caín polas escaleiras deste soto, levei un grave golpe na cabeza e quedei inconsciente, levo atrapada neste lugar dende aquela noite, ata que hoxe, puxeches ese vestido, e rompiches o encantamento …

– O encantamento? Que nos queres dicir? Pregunteille con gran intriga.

– O día no que sufrín o accidente, apareceu unha persoa cunha túnica negra, co rostro tapado, e díxome que ata que algún descendente meu, neste caso ti, puxera o traxe da miña voda, ata media noite, non sairía nunca de aquí.

– Pero, miña bisavoa, avoa e a miña nai xa puxeron este traxe.

– Si, pero non ata media noite, coma ti.

Así que moitas grazas por axudarme a ser libre.

– De nada.- Dixen, sen entender nada.

Démonos un grande abrazo, e a miña tataravoa desapareceu por arte de maxia, ao igual que o traxe que eu levaba posto, de súpeto aparecín cun traxe de pantasma precioso, e como non, a festa continuou!

Ao rematar a festa conteillo todo a miña avoa e díxome que tiña unha grande imaxinación, din por feito que non me cría pero, dáme igual, este será un secreto entre a miña tataravoa e mais meu.

Alejandra Moledo (1º ESO)

22 Novembro 2012 at 15:25 Deixar un comentario

A boneca Maruxa

Relato presentado ao Concurso de Contos de Medo


A BONECA MARUXA

Hai moito tempo, unha nena chamada Marta mudouse ao alto dunha montaña no medio do monte. Esa casa dicía unha lenda, que estaba maldita por unha anciá que vivira hai moitos anos nela e seguía rondando por alí.

Un domingo pola tarde Marta mais a súa nai foron ao mercado. Había un posto no que unha anciá vendía bonecas de segunda man. Marta fixouse nunha boneca moi fermosa.Tiña o cabelo loiro e un vestido vermello. Marta pediulle á súa nai se podía mercala e ela aceptou. No seu vestido había unha etiqueta que poñía: “Maruxa 1886”.

Cando chegaron a casa, Marta foi inmediatamente ao seu cuarto a xogar coa boneca. Entón cando Marta estaba montándolle a casa á súa boneca deixouna detrás súa. Pero ao rematar cando se deu a volta a boneca non estaba detrás dela senón que aparecera no seu colo. Iso asustouna un pouco, era moi raro.

Despois de cear, Marta deixou a boneca na súa casiña e deitouse. De súpeto a boneca veu que ao seu redor estaba rodeada de xoguetes, tiña envexa de todos eles e por iso decidiu eliminalos a todos.

Cando Marta espertou asustouse porque non había ningún xoguete que non fose a boneca pero non lle deu importancia. Pensara que a súa nai os levara ao faiado.

Pola tarde foi ao parque coa súa boneca. Alí había moitos nenos da súa escola e todos xogaron ao escondite. Pasárono xenial! No coche de volta a casa Marta díxolle a sua nai:

– Mamá esta boneca é moi rara. Por certo ti levaches todos os meus xoguetes ao faiado?

– Eu non fun.

Entón Marta asustouse tanto que foi tirar a boneca. Pero, cando chegou ao seu cuarto a boneca estaba sentada na cama. De súpeto a porta pechouse, a ventá abriuse e unha voz dixo:

– Marta, Marta, confíoche a miña boneca e así mo agradeces …

E a boneca desapareceu. Marta tiña moita curiosidade por saber quen e onde levaran a boneca. Ela asomouse á ventá e viu que a dona da xoguetería, a propietaria da boneca, levaba a Maruxa en brazos.


FIN



Carla Places Horta
(1º ESO)

21 Novembro 2012 at 10:34 Deixar un comentario

O Día da Biblioteca

O martes 13 fomos á biblioteca do colexio a ler unha obra de teatro e unhas poesías en distintos idiomas. Estivo moi ben porque as rapazas e rapaces leron de marabilla. Todos eramos de 1o de ESO. Nós quedamos orgullosos de como leron todos e se tivésemos que repetir, elexiriámolos a eles porque estaban para poñerte a gravalos.

Miriam Cambeiro, 1º ESO

20 Novembro 2012 at 18:12 Deixar un comentario

O samaín

Foi o incríbel Samaín do San Alberto, de onde os alumnos saíron cos pelos de punta polos contos dos concursantes gañadores. Por certo, a profesora María Xosé contounos curiosidades do Samaín de hai moitos anos, e unha historia de medo da Santa Compaña. E como iamos esquencer o decorado tan ben feito polos alumnos do 2º da ESO!!!

Certo, non podía mellorarse!!!

Aida Amar, 1º ESO

20 Novembro 2012 at 18:05 Deixar un comentario

Día da Ciencia en Galego – Proxecto Ríos

O dí­a 30 de Outubro tivo lugar a primeira saí­da de inspección ao río Traba, dentro do Proxecto Ríos. En principio estaba programada para o día 16 de Outubro, dí­a da Ciencia en Galego ; pero no puido ser por razóns meteorolóxicas.

Participaron os alumnos de 4º e de 3º PDC de ESO. Estivo con nos un representante de ADEGA, Paco Banhobre, que dirixíu a saí­da. Entre as actividades realizadas figura a recollida e caracterización de macroinvertebrados, indicadores da calidade da auga; análise de pH, osíxeno disolto e nitratos da auga. Listado de flora de ribeira e recollida de lixo.

Dolores Rodríguez, profesora do departamento de Física e Química.

12 Novembro 2012 at 13:20 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías