Archive for Outubro, 2012

«O Profesional» Centro Dramático Galego

Teodor Teja, antigo activista da oposición ao réxime do mariscal Tito, é agora o director dunha editorial ao borde de creba. Unha visita inesperada dun tal Luka Laban, ex policía do antigo réxime, fará que este reviva de novo a súa vida revolucionaria. Apartado do servizo do goberno, o ex policía chega ao despacho do actual director editorial para revelarlle como unha e outra vez os seus camiños se cruzaban. Durante a obra podemos observar como  Miguel Pernas e Ernesto Chao, os actores principais, dan vida aos que nunha época foran o perseguido e o perseguidor, pero que agora ven como o seu rol se inverte nese mundo cambiante no que viven .

Desta forma, Kovacevic preséntanos esta “comedia triste”, cargada de emoción, sentimento e símbolos.

Lucía Cruces Dosil, 2º Bac.

22 Outubro 2012 at 07:52 Deixar un comentario

Ciencia que Conta 2012

Está convocado o 5º Concurso de Relatos «Ciencia que Conta» 2012.

Convocatoria

Bases (PDF)

14 Outubro 2012 at 15:45 Deixar un comentario

Contos de medo 2012

Está convocado o Concurso de Contos de Medo deste outono.

Esta vez a convocatoria limítase ao alumnado do 1º Ciclo da ESO.

13 Outubro 2012 at 22:36 Deixar un comentario


Dinamización da Lingua Galega
IES Campo de San Alberto - Noia

Categorías